A Roncadeira navegando

A Roncadeira fixo as suas primeiras navegacións na ría de Vigo

probas

Simplicidade e navegación noble

As primeiras navegación confirman as cualidades da gamela guardesa

nav

remo

nav

nav

A capacidade de bolina é sorprendente para unha embarcación tradicional, a estabilidade moi boa, pero a embarcación é sensible e móvese de xeito alegre, cun moi bo e doado tacto de timón.

Vira fácilmente por proa se leva velocidade, aínda que hai que axudar a pasar a vela, e camba na popa de xeito moi doado. Unha posibilidade de virada é a de enrolar toda ou case toda a vela ao aproarse ao vento, desenrolándoa no novo bordo. Grazas á suavidade do enrolador faise de xeito doado.

A remo móvese ben, os remos están moi equilibrados e a inercia que ten faille pasar ben a ola.

En xeral, unha embarcación segura, doada de levar e que tamén resulta divertida de navegar para dar a coñecer a vela a xente que cecais nunca poidera antes.

A manobra de subida e baixada faise con toda facilidade nunha rampla. A altura do portón traseiro regúlase e pode manterse aberto aínda navegando. Para entrar ou saír levántanse as cañas e pásase con facilidade por debaixo do travesaño que as une.

baixando

baixando

baixando

baixando

baixando