Fotos de Arcade

Arcade está lonxe, alá no fondo da ría, posiblemente haxa que agardar pola marea para pasar as duras correntes de Rande, pero garda o tesouro dos esteiros limpos, a ostrea edulis e a abundancia dos grandes chocos que van desovar e morrer alí

cart

A riqueza en ostras

Posiblemente dende os romanos e máis atrás as rías foron apreciadas pola súa riqueza. E entre os manxares, a ostra ten lugar privilexiado. Conforme o entorno natural dexenera a ostra deixa lugar á ameixa, a ameixa ó berberecho, o berberecho a....ao fango case sen vida